đȘA MATRIAđȘ con MarĂa VĂĄzquez, Ălvaro Gago e Susana Sampedro
Café Derby 21 - En podcast av Café Derby 21
Kategorier:
Para o programa desta semana fixemos unha viaxe dobre: ata a costa, pola zona de Arousa, e ao noso interior, preto do corazĂłn e a alma. AsĂ Ă© como nos sentimos logo de ver o filme Matria, que estĂĄ arrasando en cinemas e non podĂa faltar nesta temporada do CafĂ© Derby 21. Un dos fitos culturais deste 2023. Para achegarnos ao que significa đȘA MATRIAđȘ consultamos e parolamos cos artistas detrĂĄs do fenĂłmeno: o cineasta Ălvaro Gago e as actrices MarĂa VĂĄzquez e Susana Sampedro. ApoiĂĄndonos en momentos do filme chegamos ata as nosas propias conclusiĂłns. Reflexionamos sobre o carĂĄcter peculiar e Ășnico non sĂł da xente do mar, senĂłn desa ĂĄrea xeogrĂĄfica de Galicia, tamĂ©n acerca do sentido do humor, o traballo asalariado, o teito de cristal, a muller obreira, o amor propio, a sexualidade e sensualidade na idade adulta, a autorealizaciĂłn ou o acento. · Podes atoparnos en Vinte na Praza, no noso perfil de Twitter @cafederby21 e en Instagram âïž Â· Co apoio inestimable de Deleiteđ e o traballo de ediciĂłn de XoĂĄn Breguađ
