đŸ—łïž AS ELECCIÓNS đŸ—łïž con IvĂĄn Iglesias

Café Derby 21 - En podcast av Café Derby 21

Podcast artwork

ÚLTIMA HORA: Galicia vai a elecciĂłns o #18F. AĂ­nda non sabĂ­as nada disto? Quizais eras a Ășltima persoa do paĂ­s. En calquera caso, un evento tan relevante para o futuro e a cultura tiña que ter o seu oco no CafĂ© Derby 21, pero desde o noso propio terreo. Por iso, contamos co xornalista, comunicador polĂ­tico e director de Ou KĂ©!, IvĂĄn Iglesias para parolar sobre đŸ—łïž AS ELECCIÓNS đŸ—łïž, pero as de todos tipos. O equipo de Ou KĂ©! estĂĄ cubrindo a campaña e as semanas previas ĂĄs elecciĂłns galegas, por iso xuntĂĄmonos con IvĂĄn Iglesias para coñecer a importancia de Ourense nestes comicios, as posibilidades de goberno alternativo de esquerdas ou os candidatos, ademais de facer as nosas porras e quinielas. Ademais tamĂ©n tratamos as outras đŸ—łïž ELECCIÓNS đŸ—łïž que nos tocan de preto: a canciĂłn Zorra de Nebulossa a EurovisiĂłn, a final de OperaciĂłn Triunfo e as elecciĂłns vitais (tomadas ou non) que non traen ata onde estamos. · Podes atoparnos en ⁠⁠⁠⁠⁠⁠Vinte na Praza⁠⁠⁠⁠⁠⁠, no noso perfil de Twitter ⁠⁠⁠⁠⁠⁠@cafederby21⁠⁠⁠⁠⁠⁠ e en ⁠⁠⁠⁠⁠⁠Instagram⁠⁠⁠⁠⁠⁠ ✌ · Co apoio inestimable de Deleite💙 e o traballo de ediciĂłn de XoĂĄn Bregua💚